Para festexar o día da auga toda a escola púxose mans á obra para experimentar coa auga e as súas propiedades. Foi unha xornada diferente e especial na que grandes e pequenos aprendemos moitísimas cousas.
22 de Marzo, día da auga
En 1992 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano celebraríase o Día Mundial da Auga. O día da agua é unha ocasión única para recordar que, aínda que ás veces non valoramos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.
Entroido acuático
Como xa comezamos co proxecto "Pingas en Chans", no entroido a temática iba sobre a auga. Mirade o guapos e guapas que estabamos e o ben que o pasamos!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)