Pingas de paz

Aquí podedes ver a versión e adaptación da fermosa canción de Macaco que interpretaron o día da paz os nenos e nenas de 6º de primaria apoiados por toda a escola. "Mensaxes de auga"


      

Os misterios da auga

Pinga e o Trasno Contacontos invítannos a resolver con eles os misterios que esconde a AUGA. Os encargados de resolver o primeiro son os nenos e nenas de INFANTIL de 3 anos... Serán capaces? seguro que si!! Estade pendentes do panel verde que hai na entrada da escola!! Cada semana haberá preguntas novas!

Tamén os podedes consultar no blogue no apartado "Os misterios da auga"

 

Xa coñecemos a Pinga!

E por fin, despois dunha longa espera, xa coñecemos a pinga gañadora de entre todas as que mestéstedes na caixa do correo do Trasno. A afortunada foi a pinga de Patricia Gradaille de 4ºB, unha pinga simpática e aventureira que nos vai acompañar na nosa viaxe polo mundo da auga. 

Pinga, benvida á escola de Chans!!